Manuel Pazo, Asociación Eólica: "O 85% da sociedade galega está a favor da enerxía eólica"

"Debemos aproveitar a revolución industrial que é a transición enerxética en Europa coas renovables", di o presidente da Asociación Eólica de Galicia (EGA) que asegura que Galicia é estratéxica para a produción de hidróxeno, amoníaco e metanol,. Tamén confirma que os membros da Asociación din estar nunha situación de incerteza ante a paralización de proxectos en Galicia.

Por Moncho Mariño | Santiago | 26/10/2023 | Actualizada ás 20:53

Comparte esta noticia

-Cales son os puntos que definen a postura de EGA ante a que describen unha situación que “non se fai no resto do Estado”?

Manuel Pazo, presidente AEG
Manuel Pazo, presidente AEG | Fonte: AEG

O informe elaborado pola empresa Deloitte, sobre o que realizamos un investimento importante, aborda temas que van máis aló dos temas xudiciais que son totalmente alleos ao estudo. Por iso creo que se lle está dando unha dimensión diferente á que realmente aborda este documento, a instalación de 32 proxectos, 14.000 empregos directos e indirectos e grandes investimentos en relación coa enerxía eólica. Digo isto despois de trinta e cinco anos traballando neste sector e que sempre defendín as renovables sobre os combustibles fósiles. Creo que se está atacando ás renovables, non só a eólica. Todo isto vén dunha suspensión cautelar que chegou ao Tribunal Superior de Justicia de Andalucía. Este tribunal ditou unha sentenza diferente ás que se ditan en Galicia. A sentenza do TSJA di que existían avais abondo e non había indicios tan sólidos como para dictar unha suspensión cautelar. O TSJA apuntou que as medidas de suspensión cautelar deben tomarse dentro dunha situación de urxencia, que o efecto sexa totalmente irreversible e que non teñamos depositados avais nin fianzas. Non existe ningunha outra actividade que deposite avais ou fianzas para restauración de terreos, nin térmicas nin nucleares e de ningún outro tipo. Ningunha delas poñen avais para a restitución e restauración dun terreo. Por outra parte, desde que se ten a autorización administrativa até a posta en funcionamento un parque, existe a obrigatoriedade de tramitar outas licenzas como as de obras, a ocupación do terreo, crear liñas e subestacións. É dicir, tampouco hai ningún outro tipo de perigosidade arredor deste tipo de actuación, quero dicir, non existe o perigo de inciar a obra nada máis teñamos a autorización. Para isto último, é necesario que pase un ano ou ano e medio. Despois temos que contratar turbinas e transformadores que tardan entre doce e quince meses para entregarse. Por tanto, até a resolución do contencioso administrativo, que tamén tarda entre doce e quince meses, probablemente nin se comece a obra. Resumindo, a sentenza do TSJA vén a dicir que o efecto nin é irreversible nin é imposible restaurar o terreo. Un exemplo claro é Estaca de Bares. No seu día houbo un parque eólico e agora está totalmente restaurado. A tramitación é estándar para todo o Estado, así pois, xa non é culpa nosa, será culpa da interpretación lexislativa que penso eu, debe tramitars de igual maneira en todos os proxectos do Estado.

-O informe Deloitte fíxose expresamente para ofrecer os puntos que me describe na anterior resposta ademais das condicións favorables por apostar en renovables?
Este informe faise cada dous anos e en total xa fixemos tres informes. Deloitte ademais, é a consultora que realiza informes para WindEurope e para a Asociación de Eólicas Españolas e doutros países, por tanto, é unha compañía especializada nese tipo de documentos para toda Europa. O informe que AEG presentou é unha maneira de mostrar que a nosa voz non é a única, hai máis voces como pode ser a do Estado, o Ministerio de Transición Ecolóxica, á parte está a Unión Europea coa política de transición enerxética  declarada como urxente sobre intereses xerais especiais. Isto último explícase que cando non temos enerxía propia, seguimos dependendo no 50% da enerxía de combustible fósil e sobre todo, en momentos tan convulsos como os que vivimos agora. Resumindo, o informe aclara que hai 32 empresas esperando para instalarse en Galicia e necesitan enerxías renovables. Por que? Porque os Fondos Next Generation están dirixidos a este tipo de empresas consumidoras de renovables e moitas desas compañías son electrointensivas, por iso deben consumir renovable e de recente instalación porque, se non recordo mal, piden unha antigüidade de tres anos desde a posta en marca. Por tanto, se non instalamos enerxía renovables non estamos abrindo portas a novas oportunidades, a novas instalacións industriais. Todas as empresas que buscan instalarse aquí máis as existentes estannos a chamar para teren enerxía a prezos económicos. Nós somos os únicos que podemos ofrecer esa enerxía a prezos competitivos. No estudo que presentamos o pasado martes 17 de outubro, podemos ler que para producir un Mw con gas, hai que sumar os gastos de emisión por CO2, os gastos de manipulación e as demais operacións, o custo era de 150€ por Mw. Nós podemos producir o Mw a 30€ ou 33€ dependendo onde estea instalado o parque eólico ou dependendo da hora. Nós agora mesmo podemos asinar PPAs a prezos responsables e atraentes para o sector produtivo.

 Non existe ningunha outra actividade que deposite avais ou fianzas para restauración de terreos, nin térmicas nin nucleares e de ningún outro tipo

-Sucede o mesmo para outras enerxías renovables?
Galicia está situada nunha posición loxisticamente estratéxica para a produción de hidróxeno, amoníaco e metanol. Todos estes combustibles son o futuro da enerxía de Europa. Temos portos marítimos preparados, temos uns estaleiros que son unha reconversión do que se pretende facer. Con este estudo buscamos só ofrecer os datos xerais: somos o 1,6 do PIB de Galicia, temos 5.500 empregos, setecentos deles en Ferrol traballando en estruturas de eólica mariña. Esta xente que se dedicaba a montar aeroxeradores en frábricas, algunhas delas desinstalándose porque se non hai fabricación desmantélanse, aínda así o sector estase a diversificar. O foco do estudo é ese, a nosa contribución, os impostos que recadamos, a contribución ao PIB, que estamos deixando de importar cada ano 1.000 de euros en enerxía grazas á eólica, a baixada dos prezos que se pode ver hoxe coa xeración pola nosa parte do 50% da enerxía do país e isto fai baixar os prezos da enerxía no país. Esa é a fotografía que ten Galicia sobre a eólica. Á parte diso, estamos sumersos nunha revolución industrial pois a loxística do país é apropiada para estas plantas de hidróxino, metanol, amoníaco, as baterías de grafito ou a mesma Alcoa, que non contemplamos neste estudo cando inica o proceso de encendido de cubas grazas a uns PPAs aos que están subscritos. Así, gradualmente e dependendo dos contratos que teña, irá acendendo as cubas, senón, quedará ao 20%, o 30% ou 50%. Logo hai máis empresas que buscan ter un prezo da enerxía estable sen subas repentinas que obrigan a unha parada nos sectores produtivos. Hai un dato curioso ofrecido no estudo, entre o 2018 e o 2022 o consumo eléctrico en Galicia baixou un 32%.

-Que motivou esa baixa no consumo eléctrico?
O primeiro dato que se estuda sobre a economía dun país ou dun sector é o nivel de consumo. No seu día houbo un 22-23% de consumo por parte de Alcoa no seu momento. O outro 10% restante está ligado á falta de compoñentes para automóbil que paralizou Stellantis en Vigo, é dicir, os empresarios controlan os prezos da enerxía e fan paradas cando eses prezos non lles compensan. Logo hai outro punto como son os PPAs, pois a calquera empresa lle convén asinar un PPA a dez anos debido ao interese que hai nestes momentos. Agora esa empresa pode conseguir finanzamento para investimentos.

Cando non temos enerxía propia, seguimos dependendo no 50% da enerxía de combustible fósil e sobre todo, en momentos tan convulsos como os que vivimos agora

-O estudo di que nestes momentos están autorizados pola Xunta e Goberno central, mais pendentes de posta en marcha, 3.381 Mw. Se se aproban estes Mw, cal sería o resultado?
A posta en marcha de todas estas empresas pendentes da subministración de enerxía. A maioría deses 3.381 Mw foron aprobados a comezos de ano pola caducidade dos puntos de conexión, mais son proxectos que teñen unha tramitación de entre catro e dez anos. Logo está que, unha vez aprobado, leva un ano poñer en marcha as obras, despois está a compra de material, que non é doado, as entregas de turbinas e transformadores tampouco é doado, poden tardar entre 15 ou 18 meses en chegar. Nestes momentos estamos nunha incerteza incómoda relacionada co prezo do cemento e dos elementos para a construción de eólicos. Doutra banda, hai unha inseguridade xurídica porque cada un deses proxectos están recorridos, hai alegacións, e con esa inseguridade xurídica as empresas vanse para outros lugares. Se non está todo xuridicamente seguro, as empresas non arriscan e non se instalan. Mentres haxa unha situación coma esta non se asinan PPAs e sen eses PPAs non hai datas de inicio. Tamén se falou da profesionalización do sector nunha mesa onde nos reunimos desde empresas, sindicatos e outros segmentos económicos. Os dous temas principais foron a formación de persoas para o sector enerxético e solucionar a situación actual de parada legal. O resultado desa parada é que este ano apenas se constrúe, o ano pasado en Galicia 28 Mw, noutras comunidades instaláronse 1.600 Mw. Mentres, hai empresas sen arrincar e os Fondos Next Generation teñen as súas datas, e aínda quedan a metade dos fondos comunitarios sen cubrir e hai un prazo até o 2026.

-Hai 2.287 Mw autorizados pola Xunta en 122 proxectos e outros 298 Mw teñen unha declaración ambiental e seguen sen autorización. Sobre estudos medioambientais, estes son feitos pola empresa e logo necesitan dunha aprobación.
Tamén hai 600 Mw aprobados polo Estado e máis dun millar de proxectos pendentes tamén da aprobación estatal. O estudo ambiental é solicitado pola compañía a organizacións independentes, sobretodo consultoras de estudos medioambientais e igualmente estas consultoras traballan con especialistas en diferentes áreas desde medioambiente até arqueoloxía. Ao final pasa por 19 organismos, entón encárgase unha grande lista de diferentes estudos. A revisión do documento final faina a mesma consultora antes de enviala ao organismo pertinente, neste caso a Consellería correspondente en Galicia, este organismo vaino repartindo a outros organismos involucrados, como a Consellería de Medioambiente que á súa vez envía o documento a outros organismos repartidos noutros departamentos autonómicos.

-Con que relacionan o “rexeitamento social” mencionado na comparecendia do 17 de outubro, cando presentaron o estudo?
Durante a presentación do documento sinalei que nós estabamos presentes en 112 concellos onde eu non vexo conflitividade ningunha. Alá onde imos, os concellos son receptivos. Non obstante, hai unha minoría organizada que en certa forma son grupos de oposición que non ven ben estas instalacións e por iso alega a todos os proxectos eólicos. Segundo as enquisas que realizamos desde as diferentes asociacións empresariais,  o 85% da sociedade galega está a favor da enerxía eólica. Outra cousa é que reclamemos que os ingresos xerados pola eólica repercutan nos lugares onde se instale.

 Hai empresas sen arrincar e os Fondos Next Generation teñen as súas datas, e aínda quedan a metade dos fondos comunitarios sen cubrir e hai un prazo até o 2026

-O marco regulador en Galicia para instalar eólicos cambiou eliminando a concorrencia competitiva. Cre que este punto non puido causar certo caos para as empresas no momento de instalarse?
Realmente Galicia era o lugar co mellor sistema de demarcación. Desde o ano 2000 xa se sinalaran onde se podía e onde non se podía instalar muíños. Houbo unha liberalización do sector, algo que case é unha obriga europea: non establecer concursos porque había a sensación de que atrasaban os procesos. A tecnoloxía evoluciona e os sistemas de concursos deben cambiar. O que se abre é o acceso aos puntos de conexión, en certa maneira o concurso é que ti chegues a un punto de conexión. Evolucionou todo o mercado das enerxías renovables, por exemplo a solar. Iso fai que te adaptes ás novas tecnoloxías e así non podes impedir o progreso con procesos que o ralenticen e aquí tiñamos un problema enerxético importante. A concorrencia agora está relacionada cos puntos de conexión.

-Cre que se se aproban os proxectos pendentes se recuperaría o tecido industrial que pechou nos últimos anos?
Nin o dubido. A fábrica de motores de Viveiro volve funcionar reconvertida e hai solicitudes de construcións de pas nas Somozas sexa para terrestre ou mariña. O mundo globalízase e as fábricas de elementos  poden trasladarse a outros lugares como China. As fábricas tentaranse deslocalizar cara onde haxa maior volume de negocio e sexa rendible, ademais, o sistema cambiou, antes había dez fabricantes e agora hai catro. Iso é algo natural, pois cando hai actividade o traballo volve a instalarse mais o que si vemos é como o sector conserva as súas capacidades en diferentes áreas como mantemento. Todo iso leva traballo engadido e a eólica mariña creou 700 postos en Ferrol. Por tanto, debemos aproveitar o momento de cambio na produción enerxética con esta revolución no sector tal e como está sucedendo en Europa. Por iso o debemos apurar pois se hai unha comunidade preparada é a nosa. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 4 comentarios

4 Sole Rivas

En este punto estar en contra de la energía eólica o fotovoltaica, no parece razonable. Pero lo que no es razonable es como se está planteando. Mienten en su argumentación, tanto la Asociación Eólica, el gobierno de la Xunta, las empresas promotoras, y ya están saliendo datos objetivos que lo demuestran, y que están al alcance de todos. Si estos proyectos realmente fuesen verdes y no explotasen recursos necesarios como el agua, si fuesen empáticos con el medio, si no invadiesen el rural y la vida de las personas, y fuese una posibilidad real de empleo, no estaríamos hablando de esto, y si sería un progreso. Esto no es progreso para Galicia, que es como lo venden, sólo es enriquecimiento para estas empresas, a costa de la explotación de los recursos de todos, para su propio beneficio.

3 Sentidiño

Galicia, 182 parques eólicos. Madrid, evidentemente, ningún https://www.xataka.com/energia/solo...

2 Ventomareiro

Eu estou favor da eolica, mais non a expensas dos veciños, do medio ou di patrimonio histórico. Aínda máis cando exportados xa un 40% da produción e subindo. A maiores, deben beneficiarse das novas enerxías os mesmos que se benefician de producir co2?

1 Sentidiño

Tamén está a favor do xamón, mais non mete os porcos na casa...